Capela e ermida
Capela de San Sebastián de Vilar
Santo Adrao de Lourenzá · Lourenzá · Lugo · 1947
Foto: Rodrigo · Public domain · Wikimedia Commons ↗
A capela de San Sebastián é un pequeno templo relixioso situado preto de Vilar, ao sur da parroquia de Santo Adrao (Lourenzá). Está consagrada a Sebastián mártir. Construíuse en 1947, substituíndo unha capela anterior que estaba uns metros máis ao sur. Ten imaxes de san Vito e san Sebastián. Virxe románica, sentada, do século XII. No campo da capela celébrase unha festa (o San Sebastián) que coincide coa fin de semana do segundo domingo de maio. Fíxose no ano 2012 despois de varios anos sen ela.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Capela
Dedicado a Sebastián
Altitude do punto ≈ 214 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Mondoñedo, a 8 km
No concello viven 2.082 (2025) · IGE