Igrexa

Capela de Santa Eufemia de Ambía

Ambía · Baños de Molgas · Ourense

Capela de Santa Eufemia de Ambía, igrexa en Baños de Molgas

Foto: José Antonio Gil Martínez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A capela de Santa Eufemia de Ambía é unha igrexa prerrománica do século X. Pertence á parroquia de Ambía no concello de Baños de Molgas. O muro sur e a fachada leste consérvanse do edificio orixinal. En 1931 a igrexa foi declarada monumento histórico-artístico.

Datación

O arqueólogo e historiador ourensán Juan Carlos Rivas Fernández propuxo a hipótese de que a igrexa é unha reedificación mozárabe de finais do século IX dun templo anterior de época sueva-visigoda, o cal ao mesmo tempo aproveitaría pezas dun primitivo edificio romano. Outros autores, se ben coinciden en datala a finais dos séculos IX ou comezos do X, discrepan en canto ás influencias arquitectónicas que a caracterizan. No ano 2014 atopáronse preto da igrexa dous bloques de pedra con inscricións dedicatorias en que se leron os nomes Salvator e Eufemia. Estes interpretáronse como evidencia de que a igrexa fora consagrada a polo menos tres padróns: San Salvador, Santa María e Santa Eufemia. Nos séculos IX e X era costume consagrar igrexas a varios santos e asignarlles os seus propios altares.

Arquitectura

A capela está construída a partir de bloques de granito de diferentes tamaños, unidos coidadosamente. O interior consta só dunha nave, se ben entre as ábsidas rectangulares aínda se poden ver as particións e os inicios dos arcos de ferradura. A espadana aberta é dun período posterior. As aberturas das xanelas das ábsidas están deseñadas como xanelas xemelgas e teñen a forma de ocos, con arcos de ferradura. No refacho da xanela central xemelga está gravado un corazón, e no traveseiro sobre o soporte central sitúanse dous arcos de ferradura na pedra.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a Eufemia de Calcedonia

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 537 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Allariz, a 8,8 km

Camiño de Santiago Camiño Xabrés, a 2,8 km

No concello viven 1.470 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar