Capela e ermida

Capela dos Santos Reis do Valado

Bueu (San Martiño de Fóra) · Bueu · Pontevedra

Capela dos Santos Reis do Valado, capela e ermida en Bueu

Foto: Adrián Estévez (Estevoaei) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A capela dos Santos Reis é un templo relixioso situado no Valado (Bueu), dedicado aos Reis Magos. Foi deseñada por Urbano Lugrís. Está coidada por unha asociación que cada 6 de xaneiro organiza unha pequena romaría.

Historia

En 1686 a capela foi creada polos propietarios do pazo de Castrelo. Foi inaugurada en 1686 polo párroco de Bueu, Fernando de la Rúa Freire. A capela caeu en desuso e derrubouse, e as numerosas representacións en pedra espalláronse por distintas casas da Vila. Conservouse unha pequena fornela coa imaxe do rei Baltasar, o que mantivo viva a devoción. En 1948 o Concello acordou construír unha nova capela, e encargoulle a Urbano Lugrís o deseño e a Victoriano Barcala a construción. No Museo Massó consérvanse os bocexos orixinais do deseño. Lugrís definiu este santuario como a súa grande obra, e deseñou tamén o retablo do seu interior. O novo templo foi inaugurado o 4 de outubro de 1953. Porén, na década de 1970 comezou a derrubarse o tellado e desapareceron algunhas das figuras ornamentais e mesmo un retablo de tres corpos, tallado polos irmáns Ribas de Santiago con tres cadros e deseño de Lugrís.

Arquitectura

É unha pequena construción de planta rectangular (5 x 6 m aprox.), con cuberta a catro augas. Na fachada ten un arco de medio punto apoiado en basamenta de cadeirado que sobresae da liña de fachada facendo un pórtico. Coroa o arco unha especie de crismón cunha cruz aspada. Está decorado con motivos mariñeiros: un barco de vela, áncora de almirante, peixe, cuncha de vieira, gaivota, rosa dos ventos e balea, moi característicos do estilo de Lugrís. A ámbolos dous lados da porta hai dous contrafortes impostos cunhas fornelas, que no seu día albergaban as imaxes de San Xosé e da Virxe. No ano 2005 colocáronse dúas novas imaxes en substitucións das orixinais perdidas. Nos laterais tamén existen catro falsos contrafortes, columnas pétreas con cadanseu evanxelista que ornamentan a capela (un deles non orixinal). Os modillóns que simulan o soporte do saínte están decorados con cunchas de vieira. En cada fachada lateral existe unha fiestra en arco de medio punto e decorada, cunha roda de temón a sur e unha áncora a norte. A fachada posterior está rematada por unha espadana en arco.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Capela

Dedicado a Reis Magos

Autoría Urbano Lugrís González

Inaugurado 1953

Altitude do punto ≈ 112 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Bueu, a 1,5 km

No concello viven 11.829 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Bueu

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar