Espazo protexido
Carballa da Rocha
Rairiz de Veiga · Ourense · 2007
Aínda non hai foto de Carballa da Rocha
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|42.07056|-7.83194}}
A Carballa da Rocha é un carballo, e varías parcelas arredor deste, situado na Saínza de Abaixo, en Rairiz de Veiga, no concello ourensán de Rairiz de Veiga, que foi declarada árbore senlleira e Monumento natural o 1 de marzo do ano 2007. Esas parcelas engloban seis leiras lindeiras que suman 0,6429 ha. Esta formación arbórea atópase á beira do río Limia preto da antiga Lagoa de Antela e na contorna do ZEC da Veiga de Ponteliñares. A Carballa da Rocha atópase tamén dentro da reserva da biosfera Área de Allariz.
Historia e características
O exemplar convive con outras árbores centenarias de propiedade particular no que queda dunha antiga carballeira que medraba nas beiras da desecada Lagoa de Antela. O toro é corpulento, o seu perímetro na base é de 820 cm, bifúrcase aos 7 m de altura en dúas pólas de grandes dimensións chegando aos 33 m de altura. Consérvase en bo estado, esmoucouse por última vez nos anos 50 do século XX, e calcúlase que ten 500 anos. Na carballeira celébrase todos os 24 de setembro a Romaría da Saínza, unha das poucas festas que representan a loita entre cristiáns e musulmáns en Galicia.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Monumento Natural de España · Espazo natural protexido
Extensión 1 m²
Altitude do punto ≈ 619 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Xinzo de Limia, a 8,9 km
No concello viven 1.153 (2025) · IGE
Chegar en bus
- A Saínza de Arribaa 240 mA Venda-Rairiz de Veiga (centro)
- A Saínza de Arribaa 244 mA Venda-Rairiz de Veiga (centro)
- A Saínzaa 251 mCongostro (escolar)-Xinzo de Limia E.A. · A Venda-Rairiz de Veiga (centro) · Congostro (escolar)-Xinzo de Limia E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
- Veiga de PonteliñaresEspazo protexido
Castelo da SaínzaMonumento
Igrexa de Santa María de Parada de OuteiroIgrexa
Igrexa de San Xoán de Vilar de SantosIgrexa
Igrexa de San Martiño de CandásIgrexaIgrexa de Santa María de LampazaIgrexa
Igrexa de Santa María de OrdesIgrexa
Igrexa de San Xoán de Rairiz de VeigaIgrexa