Albergue de peregrinos

Casa da Viúva

A Gudiña · Ourense

Casa da Viúva

A Casa da Viúva é un edificio histórico situado na vila da Gudiña, no casco urbano e ao pé da estrada N-525. De cronoloxía indeterminada, con probabilidade foi construído no século XIX. O casal é de estilo popular, con perpiaños de granito e planta rectangular. Ten unhas dimensións de 1200 metros cadrados que se dividen en tres andares. == Historia == A principios do século XX, a Casa da Viúva era un despacho de comestibles, café, estanco e surtidor de gasolina rexentado por Florinda Ortega Pérez, nai do alcalde gudiñés da Fronte Popular, Felicísimo Pérez Ortega, e lugar de residencia de ambas. Tralo golpe de Estado de 1936, a Casa da Viúva foi asaltada e Florinda Ortega foi levada presa á cadea de mulleres de Bande. O seu fillo Felicísimo foi quen de fuxir para evitar a execución. En 1993 a Xunta de Galiza adquiriu a Casa da Viúva por 35 millóns de pesetas. A finalidade do edificio era a de centro de divulgación cultural, polo que foi adecuada con espazos para exposicións, conferencias e sala de audiovisuais. A construción, que fai parte da memoria histórica gudiñesa, atópase nun excelente estado de conservación, e ata o ano 2020 acolleu diversos actos culturais, tanto institucionais como provenientes do colectivismo ou de iniciativas particulares. En xuño do ano 2020 transcendeu á prensa que o edificio ía ser convertido en albergue de peregrinos. As obras comezaron en agosto dese ano, e inaugurouse como albergue en xullo de 2021. == Notas ==

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar