Monumento

Casa das Palabras

A Coruña

Casa das Palabras, monumento en A Coruña

Foto: amaianos from Galicia · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A Casa das Palabras é un recinto situado na zona de Durmideiras, na Coruña, que durante a guerra civil española foi un cemiterio musulmán e que foi rehabilitado para ser un punto de encontro entre culturas. Está incluído na área Patrimonio Mundial da Humanidade da Torre de Hércules.

Historia

A edificación que actualmente acolle a Casa das Palabras construíuse durante a guerra civil española para lles dar sepultura aos soldados musulmáns procedentes do Protectorado de Marrocos que combateron no bando nacional. Posteriormente os restos destes soldados trasladáronse ao cemiterio de Santo Amaro, caendo as instalacións do antigo cemiterio en desuso, sufrindo durante anos o vandalismo. Finalmente, o Concello da Coruña decidiu rehabilitalo coa colaboración do Ministerio de Cultura do Goberno de España (cunha achega de 180 000 euros).

Descrición

A edificación é un recinto pechado cun xardín interior duns 200 metros cadrados. Nas paredes interiores do antigo cemiterio aparecen gravados realizados por Xoán Viqueira nos que se inseriron textos sobre a orixe da cidade en grego, latín, árabe, irlandés e castelán antigo, traducidos todos ao galego e ao castelán. Tamén se atopan 250 palabras do galego e do castelán que teñen a súa orixe na lingua árabe. As citas sobre a historia da cidade están tomadas da Las citas sobre A Coruña e proceden da Historia Romana de Dio Casio, do Lebor Gabála Érenn (Libro das conquistas de Irlanda), sobre lendas irlandesas, de Adversus paganos historiarum libri septem, e da obra de Afonso X o Sabio, na que fala de Hércules e Xerión e do primeiro habitante da cidade, ao que bautiza co nome de Coruña.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Cemiterio · Cemiterio islámico

Altitude do punto ≈ 5 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Coruña, a 1,6 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 1,6 km

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar