Castelo

Castelo de Aranga

Aranga · A Coruña

Aínda non hai foto de Castelo de Aranga

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.22536|-8.00851}}

O castelo de Aranga, tamén coñecido como castelo de Almanzor, Hermanzón ou Barmanzón, foi construído na Alta Idade Media no territorio de Pruzos enriba do antigo Castro de Almanzor, sito a 317 m de altitude nun outeiro que domina a desembocadura do río Cambás no río Mandeo, con boas condicións de defensa natural. As ruínas están próximas ó lugar do Barreiro, na parroquia de Aranga, no concello de Aranga.

Historia

Idade Media

Existen diversos testemuños documentais que mencionan o castelo: no ano 966 unha doazón do bispo Sisnando II de Iria ó mosteiro de Sobrado dos Monxes que inclúe o castelo con todas as súas prestacións; no ano 995 a restauración do mosteiro de Santa Baia de Curtis promovida por San Pedro de Mezonzo, na que doa unha igrexa próxima ó castelo; no século XII outro documento vincula o castelo coa liñaxe dos Traba ou outras liñaxes próximas; por último no século XV o Preito Tabera - Fonseca menciona que foi derrubado nas revoltas irmandiñas.

Escavación

No xacemento foi realizada unha escavación arqueolóxica no ano 1944, dirixida por José María Luengo. Rexistráronse varios elementos arquitectónicos: a porta de acceso, unha escaleira tallada na rocha (o que implica pisos a distintos niveis) e varias liñas de defensa (unha delas con seteiras). Recuperáronse fragmentos cerámicos de recipientes de distintas facturas, tellas e ladrillos, restos de madeiras queimadas e unha punta de frecha de ferro. Luengo datou o xacemento entre finais do século X e comezos do XII.

Estado actual

Os restos das estruturas quedaron soterrados baixo a maleza e apenas son visibles. Entre eles destacan un muro e mailos elementos tallados na rocha: as escaleiras e unha base cadrada que se supón que pertenceu á torre da homenaxe. O xacemento está catalogado como Ben de Interese Cultural.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Prehistórica

Que é Poboado

Tamén chamado Castelo de Almanzor

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 289 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Guitiriz, a 10,5 km

No concello viven 1.793 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar