Castelo

Castelo de Brandufe

Colúns · Mazaricos · A Coruña

Aínda non hai foto de Castelo de Brandufe

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.92017|-9.05494}}

O castelo de Brandufe, tamén coñecido como castelo Grande ou castelo da Ruña, é un castelo galego que se atopa en situación ruinosa no lugar de Monteagudo parroquia de Colúns do concello coruñes de Mazaricos.

Características

Trátase dun castelo altomedieval situado nos montes da Ruña, no Alto das Barreiras a 643 m de altitude. O castelo non se sitúa no promontorio máis alto (Castelo Pequeno - 646 m) para poder manter unha liña de visión directa co Monte Pindo. O castelo conta cunha muralla defensiva e un foxo escavado en rocha viva.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Medieval

Que é Recinto fortificado

Tamén chamado Castelo de Brandufe

Altitude do punto ≈ 625 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Picota, a 5,5 km

No concello viven 3.730 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar