Castelo
Castelo de Maceda
Maceda · Ourense
O castelo de Maceda é unha fortificación de orixe medieval situada no concello de Maceda. O actual conxunto arquitectónico presenta un predominio de elementos palacianos sobre os elementos defensivos, froito da extensa remodelación promovida na Idade Moderna para adecualo ás funcións residenciais. == Historia == A súa orixe remóntase aos últimos anos do século XI, cando foi iniciada a torre da homenaxe, posiblemente por determinación real. Máis tarde, o castelo e os seus dominios foron doados como dote de María Fernández, filla do conde de Trava e da condesa de Portugal, Teresa de Leão, co gallo do seu matrimonio con Xoán Ares de Novoa, pasando a integrar os dominios dos Novoa. Segundo a tradición, neste castelo criouse o rei Afonso X, sendo aquí onde aprendeu a lingua galega. Durante a Gran Guerra Irmandiña o castelo foi atacado e arrasado polas forzas irmandiñas, comandadas por Diego de Lemos. No século XVII constatouse que era o conde de Maceda, Alonso de Lanzós e Novoa, descendente de Afonso de Lanzós, un dos principais dirixentes dos irmandiños. No século seguinte pasou a mans da familia Taboada, e desta á do pazo de Fefiñáns de Cambados. Desde o século XVII o complexo viuse deteriorando, até que en 1993 o concello de Maceda o adquiriu, iniciando obras de restauración que espertaron polémica, sinalando algúns estudosos que parte das solucións arquitectónicas ás que se recorreu durante a reconstrución non foron as máis adecuadas. Actualmente está restaurado, funcionando como hotel-monumento. == Características == Está construído con perpiaños de granito regulares, que conservan as marcas dos canteiros que os cortaron. O elemento máis antigo é a torre da homenaxe, de planta cadrada, que se remonta ao século XI. Accédese a través dunha porta con arco de volta perfecta. No primeiro pavimento ábrense dúas seteiras, estando o segundo profundamente reformado. A torre está envolvida por unha cerca, recorrida no seu alto por un adarve e besteiras, delimitando unha praza de armas. Nela ábrese unha cisterna escavada na rocha para salvar unha diferenza de setenta metros para chegar ás augas do río Chaioso. Na Idade Moderna comezaron as obras para adecuar a edificación á función de morada, construíndose novas dependencias. A muralla exterior tamén foi obxecto de significativas reformas. Confórmase en catro lados con ameas con besteiras e outras ameas con buracos. Dous dos seus vértices refórzanse, un cunha torre de planta cadrada, e ,no outro extremo, cunha de planta circular, nos demais hai contrafortes defensivos. Nunha última fase construtiva, o conxunto foi adecuado aínda máis á función residencial, agregándolle máis elementos palacianos, miradoiros abalaustrados e unha solaina. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Boga Moscoso, R.: Guía dos castelos medievais de Galicia, páxs. 180-182. Guías Temáticas Xerais. Edicións Xerais, 2003. ISBN 84-9782-035-5 === Outros artigos === Castelos de Galicia === Ligazóns externas === Páxina do concello de Maceda sobre o castelo
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- IES San Mamedea 285 mIES San Mamede-Pardeconde (marquesiña) · IES San Mamede-Pardeconde (marquesiña) · Ourense E.I.-Santa Baia-Esgos-Maceda-Baños de Molgas (por OU-536) · IES San Mamede-As Lagoas (por OU-101) · Ourense E.I.-Santa Baia-Esgos-Maceda-Baños de Molgas (por OU-536) · IES San Mamede-O Alto do Rodicio
- Siabala 285 mIES San Mamede-As Lagoas (por OU-101) · IES San Mamede-As Lagoas (por OU-101)
- CEIP de Macedaa 418 mCEIP de Maceda-Pardeconde (marquesiña) · CEIP de Maceda-Pardeconde (marquesiña) · CEIP DE MACEDA-CASETAS DO RODICIO · CEIP de Maceda-Rioseco (farmacia) · CEIP de Maceda-Rioseco (farmacia) · CEIP de Maceda-Casetas do Rodicio
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
- Balneario de Baños de MolgasBalneario
- Ponte Vella de Baños de MolgasPonte histórica
- Ponte Nova de Baños de MolgasPonte histórica
- Igrexa de Santa María de AlmoiteIgrexa
- Igrexa de San Salvador de Baños de MolgasIgrexa
- Igrexa de Santa María de FoncubertaIgrexa
- Igrexa de San Pedro de MacedaIgrexa
- Igrexa de Santa María de PiúcaIgrexa