Castelo
Castelo de Moeche
San Xurxo de Moeche · Moeche · A Coruña
Foto: RamonMoeche · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O castelo de Moeche é un castelo medieval do século XIV, un dos escenarios principais das revoltas irmandiñas. Está situado na parroquia de San Xurxo (Moeche), na cabeceira do val sobre o que se asenta.
Historia
Tras a batalla de Montiel este castelo foi o escenario dunha nova batalla, a última, entre Henrique de Trastámara, axudado polo francés Beltrán du Guesclin e Fernán Pérez de Andrade, e Pedro I o Cruel no que este último perdeu a vida.
As revoltas irmandiñas
O castelo foi un dos protagonistas da revolta dos Irmandiños, vasalos oprimidos que se levantaron en armas, e que levaron a Nuno Freire de Andrade, o Mao, a fuxir ao castelo de Andrade (Pontedeume). Finalmente os irmandiños serían vencidos. A primeira gran revolta tivo lugar aquí como resposta os abusos de Nuno Freire de Andrade. Baixo o liderado de Roi Xordo a Irmandade Fusquenlla xurdida en Pontedeume e Betanzos chega a terras lucenses e diríxense a este castelo para dar morte ao señor feudal que, temoroso do levantamento, xa non se atopaba nel. Tras destruír as súas terras perségueno ata Compostela onde o protexe o arcebispo, que lles presenta batalla na batalla do Eume onde os irmandiños caen derrotados e segundo algunhas fontes Roi Xordo perde a vida finalizando así o primeiro levantamento. Foi no segundo levantamento irmandiño cando lograron destruír o castelo aló polo ano 1467.
Descrición
É un castelo medieval do século XIV que pertenceu á nobre familia dos Andrade (señores feudais), construída en cachotería de xisto e perpiaños nos esquinais, arcos e ameas. Mestura trazos señoriais e defensivos. Rodéase o conxunto por un foxo pouco profundo. A planta é octogonal, e conserva unha torre da homenaxe de 18 metros de altura, planta cadrada e tres pisos en madeira. Os seus muros alcanzan os 4 metros de espesor abertos por estreitas seteiras cara ao exterior e máis abertas no interior. Crese que o primeiro piso foi despensa, o segundo prisión e o terceiro refuxio dos donos do castelo, xa que tiña paso ao patio de honra. Nesta obsérvanse tres escudos gravados (os osos da casa de Osorio, os leóns e castelos da de Enríquez, o de Valcárcel e os roeles dos Castro). No seu ángulo norte presenta un torreón circular con escaleira de caracol que contribuía a distribución do paso de rolda. Acédese a torre desde o patio de armas.
Situación actual
Nel celébrase anualmente, desde 1980, co nome de Festival Irmandiño (na terceira semana de agosto), co cal se pretende «conmemorar e reivindicar, cun carácter festivo, o movemento Irmandiño, coas súas características de unión e defensa dos intereses populares». O asalto simbólico ao castelo faise á noite, armados os asaltantes con fachos, mentres o público segue os actos entre outros elementos típicos das romarías: sardiñada, música, danza e esmorga. Actualmente está completamente restaurado e pódese visitar. Contén unha visita guiada e unha exposición histórica.
Galería de imaxes
Outros artigos
Castelos de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Época Medieval
Que é Monumento
Tamén chamado Castelo de Andrade
Protección Ben de Interese Cultural
Altitude do punto ≈ 118 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Cedeira, a 13,2 km
No concello viven 1.203 (2025) · IGE
Segundo Defensive
Chegar en bus
- VILA-SOUTOa 260 mCPI de San Sadurniño-Cruce Felgosa · Moeche-San Ramón-Piagolongo
- Valiñaa 829 mCPI de San Sadurniño-Cruce Felgosa
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Apeadoiro da PallaEstación de tren e apeadoiro
Apeadoiro de EntrambasríasEstación de tren e apeadoiro
Estación de LabacengosEstación de tren e apeadoiro
Apeadoiro de MoecheEstación de tren e apeadoiro- Castro de Croas de RamilCastro
- Castro da Croa do RedoCastro
- Castro de AbadeCastro
- Castro de LabacengosCastro