Castelo

Castelo de San Sebastián

Vigo · Pontevedra

Castelo de San Sebastián

O Castelo de San Sebastián é unha fortaleza do século XVII situada en Vigo. == Historia == === Época moderna === O castelo ergueuse ao mesmo tempo que a vila se comezaba a amurallar en 1656 durante o reinado en España de Filipe IV co obxectivo de protexer a Vigo dos ataques de ingleses e portugueses. Galicia quedara hai tempo anexionada a Castela, e Portugal entrou en guerra pola independencia de España, polo que Galicia pasou de irmán a inimigo. No lugar onde se ergue o castelo había unha ermida baixo a advocación de San Sebastián, e a nova muralla cerraría até dita capela, onde ademais se levantaría un forte. Dende o castelo o muro ía deica a Porta do Sol, baixando pola rúa Carral até o peirao da Laxe, seguindo pola beiramar deica O Berbés e subindo de novo pola Rúa Real até a ermida (castelo). Juan de Villarroel y Prado foi quen proxectou os traballos tanto do castelo de San Sebastián coma do Castelo do Castro, situado a uns centos de metros monte arriba. En 1665 Portugal sitiou a vila por seis días; foi cando os enxeñeiros militares Carlos e Fernando de Grunemberg ligaron as dúas fortificacións cun muro, que para 1667 estaría rematado. Porén tanto castelos coma muralla construíronse axiña e con poucos medios. A muralla non tiña foso e os muros non tiñan consistencia, nin revelíns. En 1719 os ingleses invaden Vigo e o castelo ficou en ruínas pasando a utilizarse como corte do gando, defendéndose logo a vila dende o castelo do Castro. Téñense atopado pasadizos e túneles que ligaban os dous castelos entre si e a cidade === Época contemporánea === Xa no século XIX serviu de hospital e sofre algunhas modificación para acoller este uso. Nos anos 20 do século XX, o daquela alcalde Mauro Alonso Giménez-Cuenca considera a recuperación dos dous castelos. O de San Sebastián seguiu coma cuartel militar até 1964, cando pasa a ser propiedade do Concello de Vigo, e grazas aos rexedores Alberto Varela Grandal e despois Xosé Ramón Fontán. No ano 1970 o alcalde Antonio Ramilo Fernández-Areal, por intereses especulativos, decide construír o novo pazo do concello da cidade, até entón situado nun edificio da Praza da Constitución, para o que se derrubaron algúns dos lenzos do muro do castelo. A nova casa do concello foi inaugurada polos Reis de España en 1976 sendo alcalde Joaquín García Picher. En 1983 considerouse o derrubamento da parte do castelo aínda en pé, así como da Ponte de Castrelos, finalmente, porén, non se executou. Nos anos 90 remodelouse a Praza do Rei que aínda degradou máis a contorna do castelo. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Garrido, Jaime (1994). Vigo. La ciudad que se perdió, arquitectura desaparecida, arquitectura no realizada (en castelán) (3ª ed.). Deputación de Pontevedra. pp. 154–160. ISBN 84-86845-92-0. === Outros artigos === Fortaleza do Castro Reconquista de Vigo Historia de Vigo === Ligazóns externas === "El Castillo de San Sebastián (1656-1667) Arquitectura y Urbanismo de Vigo (en castelán).

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar