Castro

Castro da Coroa

Ouselle · Becerreá · Lugo

Aínda non hai foto de Castro da Coroa

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.86435|-7.15153}}

O castro da Coroa, tamén coñecido como castro de Ouselle, é un castro situado na parroquia de Ouselle, no concello lucense de Becerreá.

Localización

Atópase a menos de 500 metros da igrexa románica de San Cosme de Ouselle, e do núcleo rural de Ouselle, ao que debe o seu outro nome. Está no alto dun pequeno promontorio, rodeado de terras agrícolas e bosque, con trazas de asentamentos achegados como fontes, hórreos e edificios relixiosos.

Descrición

O castro pertence á Idade de Ferro, conserva un recinto de forma elíptica, rodeado por un parapeto de terra e lousa, acompañado por un foxo defensivo, con entrada por un único punto. Algúns investigadores cren que puido ter sido o asentamento principal do pobo prerromano dos zoelas, identificado co nome romano de Ocellum Gallaecorum, famoso polo seu liño, moi valorado en Roma. Estaba probablemente conectado pola Vía XIX romana, que unía Braga con Astorga.

Arqueoloxía

O relevo de Vilarín é unha peza arqueolóxica romana atopada en 1999 preto da aldea de Ouselle durante as obras de construción da autovía A‑6, no treito Agüeira‑O Cereixal.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Cultura castrexa

Que é Recinto fortificado

Tamén chamado Castro de Oselle

Altitude do punto ≈ 627 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Becerreá, a 1,4 km

No concello viven 2.828 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar