Castro
Castro das Croas
Salcedo · Pontevedra
Aínda non hai foto de Castro das Croas
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|42.39694|-8.65083}}
O castro das Croas é un poboado castrexo situado na parroquia de Salcedo, no concello de Pontevedra.
Descrición
O castro ten planta circular, limitada cara ao norte por unha fonte pendente cara ao río Batán. Accédese polo lado sur desde unha rampla de construción moderna, a carón da cal hai un cruceiro sen cruz. Conserva un muro cun forte desnivel nos lados leste e noroeste, cun foxo de dous metros acoutado por baixo muro. O recinto interior está divido en dous espazos a diferentes niveis. É un asentamento antigo, da idade de ferro. Hai un petróglifo no centro da croa superior, cunha laxe redondeada cunha cruz labrada, dúas coviñas e dúas grafías non identificables. En 1866 José Casal Lois recolleu a lenda da moura do monte das Croas, publicada na obra Galicia de Manuel Murguía e en Las leyendas tradicionales de gallegas de Leandro Carré Alvarellos.
Escavacións e afectacións
O castro está afectado cara ao oeste pola estrada PO-0012, e cara ao leste fixéronse recheos durante a construción da AP-9. En 1993 o arqueólogo Antonio de la Peña Santos fixo varias prospeccións, descubríndose parte da muralla e dunha cabana. En agosto de 2014 iniciouse unha nova escavación, dirixida por Eduardo Méndez.
Outros artigos
Cultura castrexa
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Recinto fortificado
No catálogo GA36038049
Altitude do punto ≈ 116 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Pontevedra, a 3,9 km
Ruta que pasa preto Ruta dos Sete Camiños, a 1,1 km
No concello viven 83.339 (2025) · IGE
Segundo Plan xeral de ordenación municipal
Chegar en bus
- O Carramala 392 mPostemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Postemirón de arriba-O Casal (PO-0012)-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Figueirido-O Sixtro-Salcedo-Campolongo-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Birrete-O Sixtro-A Ruibal-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Figueirido-O Sixtro-Salcedo-Campolongo-Ponte do Burgo (praza de abastos)
- Birretea 524 mPostemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Postemirón de arriba-O Casal (PO-0012)-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Figueirido-O Sixtro-Salcedo-Campolongo-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Birrete-O Sixtro-A Ruibal-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Figueirido-O Sixtro-Salcedo-Campolongo-Ponte do Burgo (praza de abastos)
- Empalme De Navalexoa 585 mPostemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Postemirón de arriba-O Casal (PO-0012)-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Figueirido-O Sixtro-Salcedo-Campolongo-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Figueirido-O Sixtro-Salcedo-Campolongo-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Postemirón de arriba-A Ruibal-Ponte do Burgo (praza de abastos)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.