Castro

Castro das Modias

San Martiño do Porto · Cabanas · A Coruña

Castro das Modias, castro en Cabanas

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

Castro das Modias é un castro de outeiro fortificado situado en San Martiño do Porto, no concello de Cabanas.

Descrición

Está situado nunha península de forma case oval. O río Castro fai de defensa natural. Polo norte o terraplén chega ata o río. O castro está cortado polo oeste pola trincheira do tren. O recinto central mide uns 80 por 100 metros. Está arrodeado por un terraplén rematado nun muro de terra dun metro de altura no interior e de dous a catro metros no exterior; o muro desaparece case na súa totalidade na cara norte. A croa está dividida en parcelas empregadas como plantación de eucaliptos e prados. Nas Modias achouse o torque de Porto que foi adquirido pola Deputación da Coruña en 1868, consérvase actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.

Outros artigos

Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 41 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Pontedeume, a 2,3 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 703 m

No concello viven 3.273 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar