Castro
Castro de Burela
Burela · Lugo
O Castro de Burela é un antigo castro que se atopa no concello de Burela, na provincia de Lugo. É confundido frecuentemente co Chao do Castro e son famosos por neles atoparse o torque de Burela, entre outros instrumentos como arracadas e puntas de frechas. == Morfoloxía == Está asentado sobre un terreo elevado á beira do mar Cantábrico, preto do cabo Burela. O seu acceso a terra está delimitado por uns muros definidos, aínda que bastante colmados por terra, e unha rampla de acceso aínda visible. Obsérvase a muralla da croa e outros murados. Dende o paseo marítimo de Burela pódese observar perfectamente, posto que a estrada pasa xusto ao seu carón. Pódense distinguir varios grupos de estruturas a simple vista, como son: a croa e os seus muros, a rampla de acceso ó castro, os muros de división internos e os muros defensivos asociados a foxos. Aínda que esta análise e moi intuitiva, é unha ferramenta útil para entender a morfoloxía e posible extensión do castro. Preto atópase o Chao do Castro, outro asentamento castrexo que está moi alterado pola construción de vivendas. Confundidos habitualmente un co outro son claramente diferentes tanto en estrutura como posiblemente en función. Ámbolos dous están perfectamente catalogados no inventario municipal e no rexistro da Xunta de Galicia. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Burela Torque de Burela Castro de Rueta Chao do Castro === Ligazóns externas === Web do concello de BurelaArquivado 04 de maio de 2010 en Wayback Machine. Web da Xunta de Galicia sobre o Torque
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Rúa A Casillaa 911 mA Coruña E.A.-Viveiro E.A. · Lugo E.A.-Mondoñedo-Viveiro E.A.
- Rúa A Casillaa 924 mAvd. Ferrol - Rexistro da Propiedade-Ribadeo E.A. · Avd. Ferrol - Rexistro da Propiedade-Ribadeo E.A. · Ferrol E.A.-Hospital Público da Mariña (Burela) · Ferrol E.A.-Hospital Público da Mariña (Burela) · Lugo E.A.-Mondoñedo-Viveiro E.A. · A Coruña E.A.-Viveiro E.A.
- Burela E.A.a 1.2 kmSantiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · Santiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · Santiago E.I. - Viveiro E.A. - Burela E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.