Castro
Castro de Forxán
Viceso · Brión · A Coruña
Aínda non hai foto de Castro de Forxán
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|42.87833|-8.75556}}
O castro de Forxán é un castro situado na parroquia de Viceso, no concello coruñés de Brión.
Morfoloxía
Consta dun recinto fortificado oblongo e de forma oval no eixo nordeste-suroeste, situado á marxe do río Tambre. Os desniveis son máis acusados na banda norte que no poñente, mentres que polo nordeste, ó pé duns terrapléns exteriores moi acusados, as defensas están moi deterioradas. O parapeto presenta unha altura no seu nivel interior de 2,5 metros e ten uns 3 metros de espesor. O outeiro no que está o recinto ten un cumio plano e circular situado a uns 190 metros sobre o nivel do mar. As dimensións do recinto son duns 90 metros no eixo norte-sur e duns 70 no eixo leste-oeste.
Conservación
O recinto está cuberto de piñeiros, toxos e xestas, así como abundante matogueira. O seu parapeto defensivo presenta numerosas fendas estruturais.
Arqueoloxía
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Outros artigos
Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 201 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Negreira, a 4 km
No concello viven 8.190 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Forxána 216 mA Graña-Rúa da Rosa · A Graña-Rúa Nova (noitebus) · A GRAÑA-SANTA COMBA (Noitebus)
- Forxána 219 mA Graña-Rúa da Rosa · A Graña-Rúa Nova (noitebus) · A GRAÑA-SANTA COMBA (Noitebus)
- Maio Pequenoa 957 mIES Xulián Magariños-Vilar de Xallas · IES Xulián Magariños-Vilar de Xallas · CEIP O Coto-Vilar de Xallas · CEIP O Coto-Vilar de Xallas
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
