Castro

Castro de Montes Claros

Vilaño · A Laracha · A Coruña

Castro de Montes Claros, castro en A Laracha

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O castro de Montes Claros é un poboado castrexo situado na parroquia de Vilaño (A Laracha). O castro, un dos 19 existentes no concello, está situado nun outeiro sendo unha construción fortificada. As súas medidas de leste a oeste son de 150 metros por uns 140 metros aproximadamente de norte a sur, e noroeste-sueste de 175 metros, por 120 de suroeste-nordés. O castro está catalogado pola Xunta e no PXOM. Semella ter dous accesos un na zona oeste e a outra pola zona sueste. Todo o cumio do monte é unha plantación de eucaliptos. En xaneiro de 2020, en base ao Plan Especial de Patrimonio Cultural, o concello de Laracha concluíu a expropiación da totalidade das parcelas que conteñen o castro, procedendo a unha importante deseucaliptización co obxectivo de poñer en valor o xacemento arqueolóxico.

Outros artigos

Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 214 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Laracha, a 2 km

No concello viven 11.773 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar