Castro

Castro de Morás

Morás · Xove · Lugo

Castro de Morás, castro en Xove

Foto: AArizaga · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O Coto da Vela é un castro que se atopa entre as parroquias de Morás e Portocelo do concello de Xove, na provincia de Lugo. Está catalogado pola Dirección Xeral de Patrimonio co código GA27025003 e incluído no planeamento urbanístico do concello de Xove.

Morfoloxía

Está asentado sobre un terreo elevado á beira do mar Cantábrico. Pódense distinguir varios grupos de estruturas a simple vista, como a croa e os seus muros, o antecastro e os muros defensivos asociados ós foxos. Está formado por un recinto superior e tres aterrazamentos sucesivos. A croa presenta unha planta ovalada reforzada cunha muralla de terra e pedra onde instalaron un vértice xeodésico. Mide uns 110 metros de norte a sur e uns 80 metros de leste a oeste. O conxunto atópase defendido por un terraplén en todo o seu perímetro agás polo NO onde a pendente se prolonga ata o mar. Ao seu pé, baixo os cantís, hai unha pequena praia que recibe o nome de Sucastro.

Lendas

Segundo unha información recollida no colexio público de Xove en 1989, no lugar vivía un rei que reinaba sobre este castro e outros sete máis.

Outras imaxes

Outros artigos

Castros de Galicia Castro de Burela Castro de Rueta

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 136 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima San Cibrao, a 5,6 km

No concello viven 3.254 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar