Castro

Castro de Morro Canide

Maianca · Oleiros · A Coruña

Castro de Morro Canide, castro en Oleiros

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O castro de Morro Canide, tamén chamado Castrillón, é un castro situado na parroquia de Maianca, no concello coruñés de Oleiros.

Morfoloxía

Na actualidade non se aprecian estruturas visibles do recinto fortificado. As recentes obras de urbanización da área alteraron moito a orografía do lugar. Hai indicios da existencia dun poboado da Idade de Ferro polo achado de varios fragmentos de cerámica castrexa e común romana, depositados actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 26 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Mera, a 1 km

No concello viven 38.750 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar