Castro
Castro de Moura
San Xoán de Lóuzara · Samos · Lugo
Foto: gl:User:Desancristovo · Public domain · Wikimedia Commons ↗
O castro de Moura é un castro da Idade de Bronce Final que se atopa preto do lugar de Frexulfe, na parroquia de San Xoán de Lóuzara, no concello lucense de Samos. Ocupa un lugar a 946 metros sobre o nivel do mar, desde o que se domina visualmente boa parte do val do Loúzara.
Morfoloxía
Ten forma ovalada e componse dun único recinto de pequenas proporcións, mide de norte a sur 115 metros e de leste a oeste uns 70 metros. Nas partes escavadas téñense constatado unha ocupación datable cara ao cambio de era.
Arqueoloxía
Foi obxecto de escavacións arqueolóxicas de urxencia con motivo da instalación dun poste repetidor da RTVG. Escaváronse un total de 103 m². Destapouse unha estrutura circular que podería corresponder a un fondo de cabana, no que destaca a gran cantidade de buratos de postes aparecidos no interior cunha disposición en forma de círculo. A planta circular defínese por un rebaixe na rocha e por un aliñamento de pedras de escasa altura. Con posterioridade a este primeiro traballo de escavación realizouse unha segunda intervención, na que se destapou unha estrutura pétrea de laxes de xisto e parte dun fondo de cabana (Hervés, 1994). Atendendo aos restos atopados, fálase dunha ocupación entre o século III a.C. e a época romana, se ben estes datos deben terse en conta como hipóteses de traballo non definitivas. O lugar ata fai pouco tempo fora obxecto de explotación agrícola, polo que as estruturas atopadas se atoparon nun nivel superior moi alterado.
Materiais
Cerámica: Destacan os restos cerámicos, que son de calidade e moitos deles presentan marcas de torno. En número destacan os restos de olas. Adoitan ser de pastas escuras e lisas. Poucas teñen decoracións, algunhas con motivos de decoracións de cordóns de pirámides. Material lítico : Destacan dous muíños planos, unha afiadoira rectangular, unha fusaiola decorada con tres círculos concéntricos ou pesas de xisto para a fixación do tellado. Elementos metálicos : só se atopou unha lámina de bronce.
Outros artigos
Cultura castrexa Castros de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 690 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Sarria, a 18 km
No concello viven 1.162 (2025) · IGE
Chegar en bus
- San Cristovo de Lóuzaraa 813 mSarria E.A.-Santa Mariña · Sarria E.A.-Santa Mariña
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Igrexa de San Cristovo de LóuzaraIgrexa
Igrexa de San Xoán de LóuzaraIgrexa- Igrexa de San Xosé de SantallaIgrexa
- Igrexa de San Lourenzo de VilarxoánIgrexa
- Igrexa de Santo André de GundrizIgrexa
- Capela de San Lourenzo de PortelaCapela e ermida
- Capela de Santa Mariña de GundrizCapela e ermida
- Casa do Poeta Fiz Vergara VilariñoPazo