Castro

Castro de Nostián

Visma · A Coruña

Castro de Nostián, castro en A Coruña

Foto: Sucador · Public domain · Wikimedia Commons ↗

O castro de Nostián é un poboado pertencente á cultura castrexa situado no lugar de Nostián, preto da refinaría da Coruña.

Historia

Realizáronse nel unha serie de sondaxes ou catas na década de 1970, dirixidas por C. Alonso del Real y Ramos e José Manuel Vázquez Varela. No ano 2002, e grazas a un convenio entre o concello da Coruña e Repsol (empresa propietaria dos terreos nos que se atopa o castro), procedeuse ó acondicionamento da zona. Os traballos consistiron na roza da maleza e a limpeza da superficie do castro, así como a consolidación dos restos de dúas vivendas castrexas que foran exhumadas en 1970 e estaban desde entón no abandono.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Protección Castro

Altitude do punto ≈ 77 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Meicende, a 982 m

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar