Castro

Castro de Xaz

Dorneda · Oleiros · A Coruña

Castro de Xaz, castro en Oleiros

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O castro de Xaz, tamén chamado castro de Abeleiras ou Os Redondos, é un castro situado na parroquia de Dorneda, no concello coruñés de Oleiros.

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado de forma ovalada. As súas dimensións son duns 150 metros no eixo norte-sur e uns 100 metros no eixo este-oeste. Está defendido por un complexo sistema de noiros e foxos concéntricos, situados sobre todo na parte sur e oeste. Pola parte sur presenta unha sucesión de tres parapetos e dous foxos intercalados entre eles. Na parte oeste existen tres parapetos e dous foxos intercalados

Conservación

Polas bandas norte e oeste do asentamento as recentes obras de construción de vivendas afectaron severamente ó parapeto exterior e ó foxo. Neste sector as defensas que se conservan limítanse ó paramento exterior. Na actualidade a vexetación cobre gran parte dos restos.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Outros artigos

Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Castrexa (celta)

Que é Recinto fortificado

No catálogo GA15058009

Altitude do punto ≈ 79 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Arillo, a 570 m

No concello viven 38.750 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar