Monte e serra
Cordal de Montouto
Os Vilares · Guitiriz · Lugo
Foto: Noucho · Public domain · Wikimedia Commons ↗
O cordal de Montouto é unha importante elevación divisoria das provincias da Coruña e Lugo, entre os concellos de Aranga e Guitiriz.
Características
A súa máxima altura é a Pena de Uce de 734 metros. Divide as concas do río Parga e o río Mandeo e vén sendo unha prolongación da serra da Loba. Existen varias mámoas e nas súas inmediacións está a rústica ermida de San Vitorio e a pegada de Roldán. As fragas do barranco da Loba e Rego da Palanca, no val do Cambás, son dunha notable extensión e atesouran unha variada riqueza botánica. O río Cambás é un afluente que alimenta o río Mandeo. Con todo, e inda que está a unha relativa proximidade ás fragas do Eume, carece dunha figura de protección ambiental.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Cordilleira
Altitude do punto ≈ 707 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Guitiriz, a 8,1 km
No concello viven 5.178 (2025) · IGE
Ao lado deste lugar
Capela de San Vitorio de CambásCapela e ermida- Cordal de MontoutoMonte e serra
- Axencia de Lectura Municipal do ToxiñoBiblioteca
- Igrexa de San Pedro de CambásIgrexa
- Capela do VilariñoCapela e ermida
- Mámoa de Pena das CrucesMámoa e túmulo
- Medoña da Pena Das Portas Gallas 2Mámoa e túmulo
- Medoña do Cadaval 3Mámoa e túmulo