Dolmen
Dolmen de Cabaleiros
Cabaleiros · Tordoia · A Coruña
Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O dolmen de Cabaleiros, tamén chamado Casa da Moura, Casa dos Mouros ou Couza do Cacheiro, é un monumento megalítico situado na parroquia de Cabaleiros, pertencente ao concello coruñés de Tordoia, comarca de Ordes. O dolmen é propiedade da Deputación da Coruña e foi declarado en 1975 Monumento Histórico Artístico, considerándose na actualidade como Ben de Interese Cultural
Descrición
Está sobre un túmulo dun diámetro aproximado de 30 metros e dous metros de altura. O dolmen está formado por sete ortóstatos máis a lousa de teito de 4 × 3,40 m. A cámara é poligonal aberta con corredor orientado ao leste. Está datado no terceiro milenio antes da era actual.
Ocupación e asentamento
A existencia deste dolmen na área de Tordoia indica que o grupo étnico do período megalítico asentado na zona era un dos máis importantes. Dise tamén que estas construcións colocábanas para delimitar territorios asentados, que tras facer unha selección para os pastos e cultivo, queimaban zonas de arboredo, e sobre as súas cinzas dedicábano á agricultura. Este dato podería ser bastante preciso debido á orografía do terreo e á calidade dos os seus pastos que repercute na súa actividade económica, gandeira e os cultivos forraxeiros.
Lenda
O nome de Casa da Moura vénlle porque, segundo conta unha lenda, unha moura, trasladou a laxe grande sobre a cabeza, mentres tecía un vestido.
Galería de imaxes
Outros artigos
Lista de megálitos de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Época Neolítico
Que é Túmulo funerario (mámoa)
Tamén chamado Dolmen de Cabaleiros
Protección Ben de Interese Cultural
Altitude do punto ≈ 371 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima A Pontepedra, a 730 m
Ruta que pasa preto Ruta dos Camiños Vellos de Tordoia, a 113 m
No concello viven 3.153 (2025) · IGE
Chegar en bus
- DOLMENa 73 mCPI Pecalama - A Tablilla · CPI Pecalama - A Tablilla
- OLEIROSa 678 mPontepedra - A Rechaba
- A Pontepedraa 755 mA Pontepedra-O Castiñeiro · A Pontepedra-O Castiñeiro · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · A Laracha (concello)-Santiago E.I. · A Laracha (concello)-Santiago E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
.jpg?width=400)