Dolmen
Dolmen de Meixoeiro
Cela · Mos · Pontevedra
Foto: Lansbricae · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
O dolmen do Meixoeiro (tamén chamado dolmen de Cela, dolmen de San Cosme, dolmen das Minas, dolmen de San Colmado ou mámoa do Meixoeiro) é un xacemento megalítico situado no concello de Mos. Consiste nun dolmen neolítico de corredor curto. Cunha cámara de 2 metros de diámetro e 1,7 metros de altura. A tampa ten un grosor próximo ao metro e mide 3 por 3 metros. Conserva 7 dos 8 ortóstatos que o compoñían. Foi orixinalmente parte dunha necrópole de doce dólmens situados nos lugares de Pereiras, Cela e San Cosme. Forma parte da gran Necrópole do Alto de Rebullón (Anexos I e II) e As Xunqueiras (Xunqueiras II). Non se atopa na súa localización orixinal, senón que foi trasladado ás instalacións do Círculo Mercantil de Vigo. Contén trazas de arte na roca, pero que xa non son recoñecibles.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Megálito
Forma parte de Necrópole do Alto de Rebullón
Altitude do punto ≈ 461 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima O Porriño, a 4,3 km
No concello viven 15.221 (2025) · IGE
Chegar en bus
- MERCANTILa 113 mA Ramallosa-Gondomar-A Pasaxe-CUVI-Meixoeiro-Vigo E.I.
- MERCANTILa 115 mA Ramallosa-Gondomar-A Pasaxe-CUVI-Meixoeiro-Vigo E.I.
- CABANELASa 742 mCEIP de Atín-Cela-Pedreira · CEIP de Atín-Cela-Pedreira
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Universidade de VigoUniversidade
Necrópole do Alto de RebullónNecrópole
Muíño das MaquíasMuíño
Encoro de ZamánsLago, lagoa e encoro
Estación do PorriñoEstación de tren e apeadoiro
Parque forestal de BeadePraza e alameda
Igrexa de Santiago de BembriveIgrexaFacultade de Bioloxía e Ciencias do Mar de VigoFacultade e escola universitaria