Lago, lagoa e encoro

Encoro da Ribeira

As Pontes de García Rodríguez · A Coruña · 400 m · 1965

Encoro da Ribeira, lago, lagoa e encoro en As Pontes de García Rodríguez

Foto: Image provided by ☣Banjo · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O encoro da Ribeira é o máis pequeno dos dous encoros que se achan no río Eume. A súa construción rematou en 1965. Ten unha lonxitude duns cinco quilómetros e unha capacidade de 33 hectómetros cúbicos. O encoro alimenta unha minicentral hidroeléctrica cunha potencia de 5940 Kw. A empresa concesionaria da súa explotación é ENDESA. O encoro está, na súa totalidade, no concello das Pontes. A súa situación río arriba, a pouca distancia da vila das Pontes, fai que abasteza de auga a esta vila e á súa central térmica. O club local de piragüismo, Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes, úsao como zona de adestramento.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Encoro

Altitude 400 m

Vila máis próxima As Pontes de García Rodríguez, a 2,7 km

No concello viven 9.787 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar