Lago, lagoa e encoro
Encoro de Eiras
Anceu · Ponte Caldelas · Pontevedra
Foto: Contando Estrelas from Vigo, España / Spain · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
O encoro de Eiras é un encoro situado no río Oitavén, entre os concellos de Fornelos de Montes e Ponte Caldelas, na provincia de Pontevedra. Abastece de auga ao concello de Vigo, ademais doutros limítrofes como Mos, O Porriño, Redondela e Salceda de Caselas.
Historia
Debido ao incremento da poboación de Vigo, o caudal de auga para abastecer a cidade non era suficiente, a pesar da construción do encoro de Zamáns. En 1973 o pleno do concello de Vigo aprobou un empréstito para financiar parte das obras. En outubro de 1973 comezaron as obras, tras un proceso de expropiación de predios. Inaugurouse o 21 de marzo de 1977 coa presenza do ministro de Obras Públicas, Leopoldo Calvo-Sotelo, e mais do alcalde de Vigo, Joaquín García Picher.
Situación
Aproveitouse o leito do río Oitavén, cunha extensión de 149 hectáreas. Tamén recibe augas dos ríos Parada e do Barragán, ademais doutros regatos. Adoita recibir auga ocasional do río Verdugo. A auga transpórtase mediante a Canle de Eiras, que pasa polos Valos e polo túnel da Madroa.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Encoro
Altitude do punto ≈ 234 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Ponte Caldelas, a 4,3 km
No concello viven 5.589 (2025) · IGE