Faro
Faro de Cabo Prioriño
Doniños · Ferrol · 1854
Foto: Oilisab · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O faro de cabo Prioriño é un faro situado no cabo Prioriño, na parroquia de Doniños, no concello de Ferrol. Está xestionado pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
Historia
Trátase dunha torre hexagonal, con farol e galería, construída en 1854 fronte a unha portería de cachotería dunha planta. A torre é de pedra sen pintar e a casa está pintada de branco con pedra vista sen pintar. A cúpula da lanterna está pintada de branco. Este faro eríxese ao final da península a 15 km ao suroeste de Ferrol, marcando a entrada á ría de Ferrol e o achegamento ao porto de Ferrol. O faro resultou moi danado por actos vandálicos en 1990 e quedou fóra de servizo durante varios meses. En 1995 o sistema óptico substituíuse por unha lente de Fresnel acrílica e a súa fonte de enerxía converteuse de novo en enerxía eléctrica.
Outros artigos
Lista de faros de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altura 5 m
Tamén chamado Faro do Cabo Pieiro
Altitude do punto ≈ 18 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Mugardos, a 6,7 km
No concello viven 64.903 (2025) · IGE