Faro

Faro de cabo Touriñán

Touriñán · Muxía · A Coruña · 1898

Faro de cabo Touriñán, faro en Muxía

Foto: Basotxerri · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O faro de cabo Touriñán atópase na localidade de Muxía en plena Costa da Morte e foi construído no ano 1898.

Historia

O primeiro faro inagurouse en 1898. É unha pequena torre con lanterna e galería centrada no teito dunha casa de garda cadrada dun piso. É o punto máis occidental de España, a uns 2´1 km ao oeste de Cabo Fisterra. Foi substituído en 1981 por un segundo faro. É unha torre branca de formigón cilíndrico de 14 m de altura, con lanterna e dobre galería, construída fronte ao antigo faro. Forma parte dunha serie de modernos faros de deseño estandarizado desde 1970.

Descrición

Está formado por unha torre cilíndrica branca duns 14 metros de altura e a súa luz é branca. Ten un alcance de 24 millas. En Touriñán hai dous faros, o antigo de 1898 e o novo de 1981. O antigo é unha casiña cadrada pintada de branco de cuxo tellado sobresae a torre. En 1981 comezou a funcionar o novo faro, un cilindro de formigón de tres metros de diámetro e once de altura.

Outros artigos

Lista de faros de Galicia Camiño dos Faros

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

A súa luz grupo de 2+1 escintileos cada 15 s · luz branca · alcance 24 millas · 65 m sobre o mar

Altura 14 m

Altitude do punto ≈ 16 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Muxía, a 8,8 km

Ruta que pasa preto O Camiño dos Faros, a 46 m

No concello viven 4.326 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar