Faro

Faro de Monte Louro

Louro · Muros · A Coruña

Faro de Monte Louro, faro en Muros

Foto: amaianos from Galicia · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

O faro de Monte Louro é un faro situado na Punta do Queixal do monte Louro, na embocadura da ría de Muros e Noia. Comezou a funcionar o 15 de xullo de 1862. Depende da Autoridade Portuaria de Vilagarcía

Historia

Nos comezos contaba cun aparato catadrióptico de quinta orde, a súa luz era fixa e branca e acadaba as dez millas na normalidade do estado atmosférico. O edificio é de planta rectangular e ten uns cen metros cadrados, coas dependencias distribuídas por un corredor central. A torre, troncopiramidal e coa sección hexagonal, alcanza os 5.30 m de altura e esta coroada por un balconciño cun lixeiro beiril, unha torre grande cilíndrica e a lanterna, poligonal e de 1.60 m. de diámetro, con cristais planos e montantes verticais. Unha reforma alterou lixeiramente en 1919 o balconciño e a cuberta, adaptando ao aparato un xogo de pantallas xiratorias movidas por unha máquina de reloxaría da maquinista Valenciana. A característica fixouse en grupos de 4+1 ocultacións brancas. A lámpada Maris estivo en uso ata o 18 de abril de 1949, en que foi substituída por un sistema de acetileno cun destellador AGA con válvula solar e queimador de 25 litros. A característica pasou a ser de grupos de 2+1 fulgores brancos, cun alcance de doce millas. O persoal suprimiuse e pasou a dar servizo ao faro de Rebordiño. Actualmente atópase electrificado con utilización de enerxía fotovoltaica subministrada por seis módulos de 75 W/PÁX. Esta reforma foi realizada a principios do ano 1993.

Outros artigos

Lista de faros de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

A súa luz grupo de 2+1 escintileos cada 12 s · luz branca · alcance 9 millas · 27 m sobre o mar

Altitude do punto ≈ 13 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Muros, a 4,3 km

No concello viven 8.171 (2025) · IGE

Segundo US NGA Pub. 113. 2011-10-20.

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar