Faro
Faro de Punta Atalaia
Lieiro · Cervo · Lugo
Foto: Jglamela · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O faro de Punta Atalaia é un faro situado na costa cantábrica galega. Sitúase na punta Atalaia na costa de San Cibrao, parroquia de Lieiro, no concello de Cervo. A súa aprobación data do 23 de xullo de 1861, non empezando a operar ata case tres anos despois, o 30 de maio de 1864, dentro de 'Plan general para el alumbrado marítimo de las costas y puertos de España', acadando a súa luz as nove millas e prestando servizo ó porto, daquela con tráfico das fábricas de Sargadelos. Foi construído en forma cuadrangular, cunha torre de pedra tronco-cónica que mira ó norte, elevándose 37 m. sobre o nivel do mar. No ano 1927, a antiga torre foi substituída por unha de metal, e a lanterna por outra cilíndrica de 1,8 m de diámetro. Dous anos despois, a instalación dun gasóxeno permitiu acadar as 12 millas, e no 1953 electrificouse. No presente, e a raíz da instalación da fábrica de alumina-aluminio, foi construído un novo faro no ano 1979, situado a beira do anterior, en formigón, elévandose 94 metros sobre o nivel do mar e cun un alcance de 20 millas. Desde 1993 depende da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Desde 2008 é supervisado de xeito remoto.
Características
Outros artigos
Lista de faros de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
A súa luz grupo de 5 escintileos cada 20 s · luz branca · alcance 20 millas · 41 m sobre o mar
Altura 14 m
Altitude do punto ≈ 8 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima San Cibrao, a 826 m
No concello viven 4.130 (2025) · IGE
Segundo US NGA Pub. 113. 2011-10-20.
Chegar en bus
- O Portoa 259 mSan Cibrao (centro saúde)-Cervo (colexio) · San Cibrao (centro saúde)-Cervo (colexio)
- O PEDREGALa 264 mSan Cibrao (centro saúde)-Gondrás · San Cibrao (centro saúde)-Gondrás
- CASA DO MAR (DÁRSENA)a 695 mSan Cibrao (centro saúde)-Cervo (colexio) · San Cibrao (centro saúde)-Cervo (colexio)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Museo Provincial do MarMuseo
Porto de San CibraoPorto e peirao
Estación de San CibraoEstación de tren e apeadoiro- Castro de RuetaCastro
Museo Provincial do MarMuseo- Estación de BidueirosEstación de tren e apeadoiro
- Estación de LagoEstación de tren e apeadoiro
- Estación do MadeiroEstación de tren e apeadoiro