Faro

Faro do Cabo de Cee

Redonda · Corcubión · A Coruña

Faro do Cabo de Cee, faro en Corcubión

Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O faro do cabo Cee, tamén coñecido como faro de Cabo C ou faro do cabo de Corcubión, é un faro galego situado no cabo de Cee, en Redonda (Corcubión). Comezou a funcionar por vez primeira o 31 de xullo de 1860.

Características

O faro está constituído por unha construción de planta cadrada de 100 m² con tellado a catro augas. Sobre o muro sur da casa álzase unha torre, de sección octogonal e case seis metros de altura, rematada por un balcón que alberga a lanterna que fai de faro. Luciu por primeira vez no ano 1860, cun plano focal a sete metros do chan e a vinte e cinco sobre o mar, cunha lámpada de aceite a émbolo. Vinte anos despois foi engadida unha lámpada para petróleo con mecha que en 1934 se substituíu por unha instalación automática. Esta nova instalación está composta por unha chama con destellador AGA, válvula solar e queimador. A súa luz non só sinala a terra, senón os perigos que supoñen as illas Lobeiras e as do Carrumeiro Grande ou Vello e o Carrumeiro Chico, Pequeno ou Novo.

Outros artigos

Lista de faros de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

A súa luz grupo de 5 escintileos cada 13 s · luz branca · alcance 7 millas · 27 m sobre o mar

Tamén chamado Faro de Cabo C

Altitude do punto ≈ 7 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Corcubión, a 3,2 km

Camiño de Santiago Camiño de Fisterra-Muxía, a 2,7 km

No concello viven 1.656 (2025) · IGE

Segundo US NGA Pub. 113. 2011-10-20.

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar