Fervenza

Fervenza do Escouridal

O Pereiro · Alfoz do Castrodouro · Lugo

Fervenza do Escouridal, fervenza en Alfoz do Castrodouro

Foto: Agremon · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A fervenza o Escouridal é unha fervenza situada no río Guilfonso, entre os concellos de Alfoz do Castrodouro (parroquia do Pereiro) e O Valadouro (parroquia do Cadramón). Está entre as máis altas de Galicia, contando os varios tramos que a constitúen.

Características

Ten acceso dende O Cadramón e dende O Pereiro, este máis curto (pouco máis de 3 km entre ida e volta) e doado, se ben o último tramo é cualificado na literatura como de dificultade media. Forma parte do río Guilfonso, que logo dá nacemento ó río Ouro, estando situada a fervenza nas abas da serra do Xistral, unha zona de pluviosidade elevada. A parte central da fervenza ten 80 m de desnivel, se ben o conxunto achégase ós 150 m.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 380 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Mondoñedo, a 12 km

No concello viven 1.493 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar