Espazo protexido
Fragas do Eume
A Capela · A Coruña · 1997
Foto: MGM_Photos · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997, ademais de ZEC, que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente. Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña, e nel residen 521 persoas[cando?] dos cinco concellos anteriormente nomeados. A área declarada zona especial de conservación (ZEC) coincide cos límites do parque natural. O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ibérico ou diversas aves de rapina.
Xeografía
O parque limita polo leste coa serra da Loba, na cadea dorsal galega, e polo oeste, o parque esténdese até a desembocadura do río Eume en Pontedeume. Todo o seu territorio encádrase na comarca do Eume, que limita ó norte coa de Ferrolterra e ó sur coa de Betanzos. A morfoloxía do parque está determinada polo eixo que marca o río, que percorre a provincia da Coruña nunha dirección leste-oeste, formando un val en "V". No seu tramo inferior, ten unhas ladeiras con pendentes moi pronunciadas e desniveis de ata 400 metros. As diferenzas de altitude van dende o nivel do mar até os 710 m dos montes orientais, cunha altura media de 413 m.
Hidrografía
O río Eume atravesa o parque atravesando un profundo canón que tamén leva o seu nome. A súa conca ensancha na metade dos seus cursos, e é neste tramo onde recibe ós seus principais afluentes. Pola marxe esquerda os ríos Frei Bermuz (10 km) e San Bartolomeu (8 km). O caudal deste último foi aproveitado ata non hai moitas décadas para a produción de enerxía hidroeléctrica na Central do Parrote. As concas destes afluentes, xunto co curso baixo do Eume, constitúen a zona de maior interese ecolóxico. Ademais, unha morea de caudais de auga máis ou menos longos e caudalosos, verten as súas augas no Eume. Pódense salientar na marxe dereita o rego de Montouto, preto da capitalidade do concello de Muras, e, xa na provincia da Coruña, o río Maciñeira, o máis longo de todos os afluentes (11 km) que verte a escasos metros do Parque de Carbóns da Central térmica das Pontes, o río do Pareiro, que desemboca no encoro do Eume formando un profundo entrante, e o río Sesín, que na súa confluencia co Eume, e xunto con el, rodea o outeiro onde se ergue o mosteiro de San Xoán de Caaveiro. Na marxe esquerda son salientables o rego Felgado, que ten as súas fontes en terras de Xermade, o río Chamoselo, cunha fermosa ponte medieval preto da súa desembocadura no centro urbano das Pontes. Vertendo as súas augas no encoro do Eume despois de 10 km de percorrido, está o río Frei Bermuz, sen dúbida o máis caudaloso de todos os afluentes e que forma unha fermosa paraxe natural no lugar da Feira do Dez. Xa no esteiro, desemboca o río de Covés.
Flora
As fragas do río Eume son un destacado representante da fase clímax da vexetación galega. Dominan as especies propias do clima tépedo e oceánico do suroeste de Europa, que inclúe toda a cornixa cantábrica e o noroeste peninsular. Os bosques de ribeira, dos que o parque é bo exemplo, distínguense polos seus ecosistemas de elevada biodiversidade, particularmente no que respecta á flora, que supera as 500 especies. Tradicionalmente foron moi explotados polo ser humano pola riqueza e fertilidade dos solos, e por iso son ecosistemas pouco frecuentes e conservados unicamente en zonas illadas como estas fragas. As fragas forman un continuo de grande extensión e valor, xa que non existe en toda Galicia unha superficie de bosque autóctono no mesmo grao de conservación.…
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Espazo natural protexido · Zona de especial conservación
Extensión 9.179 m²
Altitude do punto ≈ 75 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Pontedeume, a 8,5 km
No concello viven 1.164 (2025) · IGE
Para ir
Enderezo Centro de Recepción: Ombre-Caaveiro, km 5. Oficina do Parque Natural: Esteiro, 23,Nogueirosa - Pontedeume
Chegar en bus
- O PAZOa 1,0 kmAs Neves-O Ameneiro · AS NEVES-O AMENEIRO
- GUNXELa 1,1 kmAs Neves-O Ameneiro · AS NEVES-O AMENEIRO
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Mosteiro de San Xoán de CaaveiroMosteiro
Igrexa de Santa Olaia de SoaserraIgrexaIgrexa de San Xurxo de QueixeiroIgrexa
Igrexa de Santa Mariña de TaboadaIgrexa
Igrexa de Santa María de CabalarIgrexa
Igrexa de Santiago da CapelaIgrexa
Capela da Nosa Señora das Neves da CapelaCapela e ermida- Museo Etnográfico da CapelaMuseo