Monte e serra
Galiñeiro
Vincios · Gondomar · Pontevedra · 709 m

Foto: José Antonio Gil Martínez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
O monte do Galiñeiro sitúase entre os concellos pontevedreses de Vigo e Gondomar, concretamente entre as parroquias de Zamáns e Vincios, con cumio nesta última a unha altura de 711 metros. Intégrase na serra do Galiñeiro, da cal tamén forma parte o parque natural do Monte Aloia. O segundo domingo de xullo acolle o curro do Galiñeiro ou de Vincios, no lugar de Auga da Laxe.
Etimoloxía
O topónimo "Galiñeiro", habitual en Galiza, podería provir do termo celta *kal(l)- (de onde tamén provén Gallaecia, termo que evolucionou ás actuais Galiza/Galicia), co sentido de "rocha", "con", "penedo".
Xeoloxía
A orixe do monte remóntase á oroxénese alpina acontecida durante o Cenozoico, no período Terciario. A ladeira norte do monte, correspondente á parroquia viguesa de Zamáns é rica en gneis, formando parte do complexo ofiolítico denominado Complexo de Malpica-Tui. Tamén son numerosas as intercalacións de anfibolitas, verdes e escuras, adoitando aparecer os gneis sulcados de filóns de seixo con abundante magnetita. Os lados sur e oeste compoñen o chamado contacto sur do gneis Galiñeiro, formado por rochas compostas por seixo, moscovita e turmalina negra e, na zona máis alta deste contacto, por xistos con mica e turmalina, ademais dunha potente pegmatita explotada antigamente para a extracción do feldespato.
Arqueoloxía
Gran parte da sona do monte débese ao complexo arqueolóxico dos petróglifos de Auga da Laxe. Trátase dunhas representacións de máis de 25 armas, entre as que atopamos espadas curtas, puñais e alabardas, datadas no Calcolítico (entre o III e o II milenio a. C.).
Outros artigos
Serra do Galiñeiro Monte Alba
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude 709 m
Vila máis próxima A Garrida, a 3,7 km
Camiño de Santiago Caminho Português de Nossa Senhora do Norte, a 2,5 km
No concello viven 15.109 (2025) · IGE
Ao lado deste lugar
Universidade de VigoUniversidade
Serra do GaliñeiroMonte e serra
Muíño das MaquíasMuíño
Encoro de ZamánsLago, lagoa e encoroFacultade de Bioloxía e Ciencias do Mar de VigoFacultade e escola universitaria
Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Telecomunicación de VigoFacultade e escola universitaria
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de VigoFacultade e escola universitaria
Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de VigoFacultade e escola universitaria