Espazo protexido
Gándaras de Budiño
Pontellas · O Porriño · Pontevedra · 2004
Foto: Juan Antonio Patiño Méndez from La Coruña · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
As gándaras de Budiño son un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que está formado por un conxunto de lagoas, balseiros e regatos no curso do río Louro nos concellos do Porriño, Salceda de Caselas e Tui, preto da vila do Porriño. É unha das maiores extensión de lagoas e outras augas continentais de Galiza. Están declaradas ben de interese cultural grazas aos xacementos arqueolóxicos acheulenses.
Xeografía e xeoloxía
Esta zona húmida formouse coa colmatación de antigas lagoas que se converteron en zonas pantanosas. O terreo afundiuse debido á aparición de varias fracturas tectónicas; a bacía encheuse con sedimentos da inundación do río Miño, que deixou gravas e areas. Polo leste, o río Louro serpea entre dous conxuntos graníticos, o Penedo Corucho e o Faro de Budiño, este último recuberto de grandes cristais de cuarzo. Polo oeste érguese a Serra do Galiñeiro, con máis de 700 m de altitude.
Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
Nas Gándaras de Budiño atopouse unha estación do Paleolítico inferior en 1961. Descubríronas o oceanógrafo galego Antonio Fernández del Riego e o xeomorfólogo francés Henri Nonn, realizando unhas investigacións xeomorfolóxicas, e Emiliano Aguirre investigouna en 1963. Henri Nonn publicou en 1966 investigacións detallando como ese asentamento tiña referencias estratigráficas detalladas Existen cinco niveis arqueolóxicos. No quinto no que se atoparon útiles e clasificaronse como achelenses ou camposanquienses que corresponden a un depósito do Plistoceno medio. Os materiais utilizados para a fabricación dos útiles foron o cuarzo e a cuarcita (nunha proporción mínima o cristal de rocha), téndose destinado cada tipo de cuarzo a un útil distinto. Técnicas de datación con carbono 14 indican unha idade deses restos de entre 182-28.7 mil anos. A estratigrafía corresponde ao Würm I local, que equivale aos Würm I e II europeos.
Outros artigos
Monte Aloia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Espazo natural protexido · Zona de especial conservación
Extensión 731 m²
Altitude do punto ≈ 28 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima O Porriño, a 5,3 km
Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 364 m
No concello viven 20.935 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Penedo (casa Dolores)a 815 mIES Ribeira do Louro-A Abelenda (marquesiña) · IES Ribeira do Louro-A Abelenda (marquesiña)
- A Regaa 858 mCEIP de Rebordáns-A REGA · CEIP de Rebordáns-A Rega
- Quintenlaa 896 mIES Ribeira do Louro-Canadelo · IES Ribeira do Louro-Canadelo
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Ponte de OrbenllePonte histórica
Ponte das FebresPonte histórica
Fosa común de San Salvador de BudiñoFosa común
Igrexa de Santiago de PontellasIgrexa
Igrexa de San Xurxo de MosendeIgrexa
Igrexa de San Xoán o Bautista de ChenloIgrexa
Igrexa de San Salvador de BudiñoIgrexa
Igrexa de Santa Eulalia de AtiosIgrexa