Igrexa

Igrexa de San Miguel de Eiré

Eiré · Pantón · Lugo

Igrexa de San Miguel de Eiré, igrexa en Pantón

Foto: Ángel M. Felicísimo from Mérida, España · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A Igrexa de San Miguel de Eiré, tamén chamado Mosteiro de Eiré, é unha igrexa románica de orixe monástica e un dos mellores exemplos conservados en Galicia de arquitectura románica. Está situada no lugar do Mosteiro na parroquia de Eiré, no concello lucense de Pantón.

Historia

Adoitase situar a súa fundación como mosteiro de monxas de San Bieito nos primeiros anos do século XII, e da primeira metade deste século data a igrexa. Porén conserva elementos arquitectónicos anteriores que puideron ser reaproveitados de anteriores construcións. Respecto a esta igrexa existen numerosas lendas. Unha delas é sobre o motivo do seu abandono por parte das monxas que o habitaban, existen unha historia entre as xentes do lugar onde se atopa que conta que a igrexa de San Miguel de Eiré foi invadida por formigas e por este motivo tiveron que deixar a igrexa. Outra lenda sobre este templo pantonés é sobre a onde foron as monxas trala invasións do mosteiro por formigas. E conta que tras irse de alí foron a veciña aldea de Pedragude, monte arriba, onde as tristes relixiosas observaban o seu templo dende o penedo alcumado "A Pena da Monxa".

Descrición

De nave única cuberta con teito de madeira agás o cruceiro que se cobre con bóveda. Na cabeceira a ábsida semicircular decórase con catro columnas acaroadas con capiteis con cabezas de serpes. No interior o acceso á cabeceira faise a través dun arco triunfal triplo. Nesta cabeceira consérvanse pinturas murais do século XVI. A porta norte decórase cun Agnus Dei con cruz e unhas xambas con curiosa decoración de follas que rematan en cabezas humanas.

Galería de imaxes

Outros artigos

Arquitectura románica Mosteiros e conventos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Monumento

Dedicado a Arcanxo Miguel

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 476 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima O Castro de Ferreira, a 2,3 km

No concello viven 2.351 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar