Igrexa

Igrexa de San Miguel de Goiás

Goiás · Lalín · Pontevedra

Igrexa de San Miguel de Goiás, igrexa en Lalín

Foto: P.Lameiro · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de San Miguel de Goiás é un templo relixioso situado na parroquia de Goiás (Lalín), no lugar da Igrexa. Está dedicada ao arcanxo Miguel e depende da diocese de Lugo.

Descrición

O templo ten orixe románica, e conserva elementos orixinais. No interior ten un arco triunfal de medio punto, apoiado sobre columnas pegadas con capiteis decorados con motivos vexetais e bases toscanas. A capela dos Deza, do século XVI, ten planta poligonal no interior e semicircular no exterior; acolle baixo arcosolios os sepulcros dos Salgado, dos que destaca a estatua orante de Amaro Gundín Salgado. Hai outra capela funeraria relacionada cos Casares. A porta da fachada está formada por dous pares de columnas acobadeladas e tres arquivoltas tóricas. O tímpano é liso e presenta un oco no centro. Conserva a espadana e no muro sur unha porta semicircular de dobre arquivolta. No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar indícase que era anexa da igrexa de San Cristovo da Pena (desaparecida coa reforma parroquial de 1890), e que estaba servida por un cura de segundo ascenso e padroado lego».

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a Arcanxo Miguel

Altitude do punto ≈ 613 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Lalín, a 2,7 km

Camiño de Santiago Camiño de Inverno, a 1,1 km

No concello viven 20.255 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar