Igrexa
Igrexa de San Salvador de Manín
Manín · Lobios · Ourense
Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A igrexa de San Salvador de Manín é o templo parroquial de Manín, Lobios. Foi construída orixinalmente na aldea de Manín, de arquitectura Barroca, baixo a advocación de Santa Eufemia.
Descrición
No ano 1764 foi trasladada a Aceredo, ficando en Manín a parte da sancristía que se converteu na capela da aldea en honra a Santa Eufemia. En Aceredo é ampliada con naves laterais e sancristía para formar unha cruz. Pola Semana Santa, en Aceredo, facíase un viacrucis ao redor da igrexa, no terreo onde estaba o adro. En Aceredo, aínda sendo a igrexa parroquial e de advocación a San Salvador, celebrábase o Santiago e a Santa Ana, santos locais. En 1992 foi desmontada pedra a pedra para salvala do encoro de Lindoso e trasladada á súa nova localización na Travesa, entre Ludeiros e Compostela, moi preto da casa da Escusalla. Nesta nova localización venérase a San Salvador e é coñecida coma a igrexa de San Salvador de Manín. É coñecida polos veciños coma a igrexa viaxeira ou transhumante. Nunha cota máis baixa atópase o cemiterio de San Salvador de Manín.
Retablo
Conta cun importante retablo e altares barrocos.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Dedicado a San Salvador
Altitude do punto ≈ 434 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Fondevila, a 5,2 km
No concello viven 1.777 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Compostelaa 178 mBande-Entrimo (feiras de Bande) · IES Aquis Querquernis-Compostela · IES Aquis Querquernis-Compostela
- Compostelaa 312 mBANDE-ENTRIMO (FEIRAS DE BANDE)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Aquis OriginisXacemento arqueolóxicoBaixa Limia-Serra do XurésEspazo protexido
Cemiterio de San Salvador de ManínCemiterio histórico
Aldea somerxida de AceredoRuínas
Pombal da reitoral de Santa María de Río CaldoPombal
Igrexa de Santa María de Río CaldoIgrexa
Capela de Santo Isidro de QuintelaCapela e ermida
Capela de Santa Eufemia de ManínCapela e ermida