Igrexa
Igrexa de San Salvador de Sarria
Sarria · Lugo
Foto: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗
A igrexa de San Salvador é un templo de planta románica e fachada gótica do século XII, unha das tres igrexas da parroquia civil de Sarria.
Situación
O templo está situado ao final da Rúa Maior, onde comeza a Rúa do Castelo, no itinerario do Camiño Francés.
Historia
A comezos de 2014 a comunidade de mercedarios que atende o templo decidiu suspender o culto nela, polo mal estado da cuberta e o risco de derrubamento. En maio de 2015 formalizáronse os contratos de rehabilitación da igrexa, cofinanciados pola Consellería de Cultura e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, por valor de 254.000 €. Os traballos se centraron nos elementos exteriores do templo, substituíndo a cuberta da igrexa por unha nova e reparando os danos causados pola filtración de auga na estrutura de madeira do teito.
Arquitectura
O estilo da igrexa encádrase no gótico con trazas tardorrománicas, na ábsida. O templo conta cunha espadana de estilo barroco, engadida en 1860.
Culto
A igrexa é o templo parroquial dunha das tres parroquias nas que está organizada Sarria, xunto coas parroquias de Santa Mariña e do Rosario. A parroquia pertence ao arciprestado de Sarria-Samos. O templo está atendido por unha comunidade de mercedarios.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Dedicado a San Salvador
Forma parte de Camiño de Santiago francés na provincia de Lugo
Protección Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Altitude do punto ≈ 469 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Sarria, a 290 m
Camiño de Santiago Camino Francés, a 46 m
No concello viven 13.776 (2025) · IGE
Segundo Survey
Para ir
Cadeira de rodas Non
Chegar en bus
- Albergue San Lázaroa 489 mPedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I.
- Sarria E.A.a 616 mMonforte E.A.-Lugo E.A. · Monforte E.A.-Lugo E.A. · Hospital HULA-Hospital Monforte de Lemos · Monforte E.A.-Hospital HULA · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I.
- Sarria (centro saúde)a 653 mSARRIA E.A.-PEDRAFITA DO CEBREIRO · Sarria E.A.-Pedrafita do Cebreiro · IES Xograr Afonso Gómez de Sarria-Mundín · IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ DE SARRIA-Mundín · IES Xograr Afonso Gómez de Sarria-Pobra de San Xulián (marquesiña) · IES Xograr Afonso Gómez de Sarria-Armada (cruzamento)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Fortaleza de SarriaCastelo
Estación de SarriaEstación de tren e apeadoiro
Convento da Magdalena de SarriaConvento
Biblioteca Pública Municipal de Sarria - Camilo GonsarBiblioteca
Ponte da ÁsperaPonte histórica
Ponte Vella de SarriaPonte histórica
Ponte Vella do MazadoiroPonte histórica
Ponte RibeiraPonte histórica