Igrexa

Igrexa de San Xoán Bautista de Eirís

Oza · A Coruña · 1928

Igrexa de San Xoán Bautista de Eirís, igrexa en A Coruña

Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de San Xoán Bautista é un templo católico situado no lugar de Monserrat (A Coruña).

Descrición

A igrexa, de estilo neogótico está situada nun lugar de difícil acceso, por ser inicialmente a capela do Hospital Labaca. A fachada principal ten un arco apuntado cun rosetón. O exterior tamén ten contrafortes nos laterais. O interior é de tres naves con bóveda oxival.

Historia

O templo forma parte do complexo do Hospital Labaca, da fundación creada polos irmáns Ricardo e Ángela Labaca. O proxecto foi encargado a Leoncio Bescansa, tamén autor das Escolas Labaca. A obra realizouse entre 1926 e 1928 e foi inaugurada en presenza do xeneral Primo de Rivera, entón no poder. En 1950, cando a fundación non conseguía sustentarse, cedeuna ao concello para que instalase o Hospital Municipal. O templo, atendido por un capelán, pasou ao arcebispado de Santiago de Compostela. En 1977 converteuse en iglexia parroquial coa creación da parroquia de San Xoán Bautista, escindida de Nosa Señora do Carme.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Estilo Arquitectura neogótica

Dedicado a Xoán o Bautista

Autoría Leoncio Bescansa

Altitude do punto ≈ 61 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Perillo, a 1,4 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 52 m

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar