Igrexa

Igrexa de San Xoán de Barcala

Barcala · A Baña · A Coruña · 1800

Igrexa de San Xoán de Barcala, igrexa en A Baña

Foto: Fmrmayo · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de San Xoán da Barcala é un templo católico de estilo barroco do século XVIII situado no lugar de Seoane (Barcala, A Baña).

Descrición

Ten nave rectangular; o presbiterio destácase da planta e a sancristía acaroada á cara norte. Os muros son de boa fábrica de perpiaño de granito e o tellado é a dúas augas agás na cabeceira. A fachada carece de adornos, a excepción dunha pequena aresta que a enmarca e onde se abre unha porta alintelada, e unha xanela rectangular de bordos en chafrán para aumentar a entrada de luz ao interior. No medio hai unha fornela coa imaxe do san Xoán. O campanario sitúase nunha torre de tres corpos: o primeiro ten base cadrada e remata nunha cornixa saínte. O segundo leva catro columnas que compoñen catro ocos de arco de medio punto para poñer as campás e pináculos de bóla nas esquinas. O terceiro é octogonal con catro ocos e remata nunha pequena cúpula en pináculo. A igrexa rehabilitouse en 2002 após que un lóstrego caese sobre ela. Durante os traballos atopáronse restos óseos humanos baixo as lousas de pedra do templo.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Estilo Arquitectura barroca

Dedicado a Xoán o Evanxelista

Altitude do punto ≈ 194 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Negreira, a 3,5 km

Camiño de Santiago Camiño de Fisterra-Muxía, a 1,6 km

No concello viven 3.239 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar