Igrexa
Igrexa de San Xoán de Sadurnín
Sadurnín · Cenlle · Ourense
Foto: José Antonio Gil Martínez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
A igrexa de San Xoán de Sadurnín é un templo relixioso situado na parroquia de San Xoán de Sadurnín, no concello de Cenlle.
Descrición
É unha construción de arquitectura románica do século XII e, aínda que profundamente reformada, o corpo principal, de reducidas dimensións, semella manter a súa estrutura primixenia. Construída en cachotaría, a súa escasa decoración exterior limítase a unha serie de relevos nos beirados a modo de almofadas. Representan na súa maioría figuras xeométricas e vexetais con escasa representación animal e humana. O resto, como a capela maior son de finais do século XVIII ou principios do século XIX. Destacan amais dos canzorros, a porta principal composta por un arco apuntado e tres arquivoltas apoiadas en dous pares de columnas. Ten un altar barroco da Virxe do Rosario e un altar maior neoclásico.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 295 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Ribadavia, a 6,5 km
No concello viven 1.067 (2025) · IGE
Chegar en bus
- SADURNÍNa 259 mIES de Ribadavia-Sadurnín · IES de Ribadavia-Sadurnín
- Trasariza 752 mOurense E.I.-Ribadavia E.A. · Ourense E.I.-Ribadavia E.A. · Ourense E.I.-A Cortella (cruzamento) · Ourense E.I.-A Cortella (cruzamento) · IES de Ribadavia-Barbantes-Estación · IES de Ribadavia-Barbantes-Estación
- Sanín (marquesiña)a 1,2 kmCEIP de Ribadavia-Sanín (marquesiña) · IES de Ribadavia-Barbantes-Estación · IES de Ribadavia-Barbantes-Estación
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.