Igrexa
Igrexa de Santa María de Beariz
Beariz · Ourense

A igrexa de Santa María de Beariz é o templo parroquial de Beariz, no concello do mesmo nome, baixo a advocación da Virxe María. Construíuse entre 1612 e 1620, financiada por Domingo de Castro, pero tivo diversas reformas e arranxos. == Arquitectura == Ten nave con bóveda de canón con claraboia no centro e tres arcos de medio punto. A sancristía foi construída por Carlos da Riva en 1704. A torre-campanario de planta cadrada con balaustrada, construíuna José Cerviño González (O Pepe da Pena) no último cuarto do século XIX. Ten dous corpos superpostos en diminución ascendente,cunha bóveda apuntada e un pequeno pináculo. Na fachada hai unha figura da Virxe María, patroa do templo. A ábsida é cuadrangular con catro nervios, un desde cada esquina, con cadanseu evanxelista, e dende estas figuras saen outros nervios que conflúen no centro onde está a imaxe de Xesús de Nazaret cos apóstolos. No seu interior destaca un retablo barroco, obra de Francisco de Vega en 1732, coa pintura orixinal e o dourado feito por Ignacio González en 1754. Tamén destaca unha cruz procesional de prata realizada polo ourive compostelán Xurxo Cerdeira no ano 1700. Consérvase o retablo barroco orixinal, de madeira de castiñeiro, deseñado por Francisco de Vega. == Notas ==
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Beariz (igrexa)a 57 mA Abeleira-IES Chamoso Lamas · A Abeleira-IES Chamoso Lamas
- Beariza 261 mLiñares-IES Chamoso Lamas · LIÑARES-IES CHAMOSO LAMAS · A Abeleira-IES Chamoso Lamas · A Abeleira-IES Chamoso Lamas · Ricovanca-Beariz · Ricovanca-Beariz
- MURADÁSa 803 mLiñares-IES Chamoso Lamas · LIÑARES-IES CHAMOSO LAMAS · Doade-A Portela de Lamas · Doade-A Portela de Lamas · A Abeleira-IES Chamoso Lamas · A Abeleira-IES Chamoso Lamas
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.