Igrexa

Igrexa de Santa María de Cabanas

Cabanas · O Vicedo · Lugo

Igrexa de Santa María de Cabanas, igrexa en O Vicedo

Foto: Dura-Ace · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de Santa María de Cabanas é un templo relixioso situado na parroquia de Cabanas (O Vicedo), no lugar da Igrexa. Está dedicado á Virxe María.

Características

O templo mandouno construír no ano 1392 o bispo Francisco da diocese de Mondoñedo, e financiouno o nobre galaico Fernán Peres de Andrade o Boo, motivo polo que hai a figura dun xabaril no pórtico. De estilo oxival, ten unha nave con cuberta de madeira a dúas augas. A portada principal está formada por unha dobre arquivolta que enmarca un tímpano que acolle o escudo dos Andrade sostido por dous paxes. O templo ten dous pórticos: un pechado diante da fachada, que continúa polo muro sur, e outro no muro norte sostido por columnas. No século XVIII engadiuse unha torre acaroada á fachada, de planta cadrada coas esquinas en chafrán con catro vans circulares, e o corpo superior é poligonal con catro vans.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a Santa María

Altitude do punto ≈ 406 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Viveiro, a 8,3 km

No concello viven 1.556 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar