Igrexa
Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires
Taboada dos Freires · Taboada · Lugo · 1190
Foto: Ángel M. Felicísimo from Mérida, España · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
A Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires é un templo románico da parroquia de Taboada dos Freires, no concello de Taboada (provincia de Lugo), construído en 1190.
Descrición
É das poucas igrexas construídas polos templarios[Cómpre referencia] no concello e das poucas na súa contorna. Consiste nunha soa nave de planta basilical, que foi prolongada na súa cabeceira aproximadamente en 1920. Do punto de vista estético, cabe destacar a portada occidental, onde hai unha representación de Sansón degolando un león relizada polo mestre Pelaxio, enmarcada en arquivoltas. A parte románica da nave conta con canzorros, e tamén hai unha xanela que foi recolocada na cabeceira cando foi ampliada. No interior, cabe salientar un retablo en madeira de principios do século XX. Xusto en fronte da igrexa estaba a casa reitoral, construída no século XVII e que posibelmente albergase no seu momento un mosteiro, que estivo habitada aproximadamente até 1980 e que en 2018 se veu abaixo, após décadas de desleixo.
Galería de imaxes
Outros artigos
Arquitectura románica en Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Estilo Arquitectura románica
Dedicado a Santa María
Altitude do punto ≈ 605 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Taboada, a 5,1 km
No concello viven 2.614 (2025) · IGE