Igrexa

Igrexa de Santo André das Nogais

Santo André · As Nogais · Lugo

Igrexa de Santo André das Nogais, igrexa en As Nogais

Foto: Adrián Estévez (Estevoaei) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de Santo André das Nogais é unha construción relixiosa situada na parroquia de Santo André, no concello das Nogais. De orixe románica, está declarada Ben de Interese Cultural dende 1995. Está dedicada ao apóstolo André.

Descrición

O templo conserva unha porta de orixe prerrománica no muro sur. Na ábsida hai varios canzorros románicos, dos cales dous deles representan a fame e a sede. No interior do edificio hai pinturas murais do século XIX. No exterior hai un reloxo de sol en lousa.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a André apóstolo

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 629 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Becerreá, a 6,4 km

No concello viven 913 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar