Illa

Illa da Rúa

A Illa de Arousa · Pontevedra

Illa da Rúa

A Illa da Rúa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada case no centro da Ría de Arousa, a 4 quilómetros ao sueste do porto de Ribeira, concello ó que pertence. É unha das illas máis illadas da ría de Arousa, e unha das máis destacadas a pesar das súas escasas 4 hectáreas de superficie. É enteiramente rochosa, formada por grandes birlos de granito e de abordaxe difícil. Posúe un faro importante para o balizamento da ría, que é xemelgo do da Illa de Ons, construído polo mesmo arquitecto, Rafael de la Cerda, en 1864. A pesar do inhóspito da illa, estivo habitada por fareiros ata a automatización do faro. A illa é lugar onde aniñan gaivotas. Ten un pozo, o que a converte nunha das poucas illas con subministración de auga. Vexo Rúa, vexo Rúa/ e de paso vexo España./ As mociñas de Palmeira/ xa teñen palabra dada == Notas ==

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar