Illa
Illa de San Antón, A Coruña
A Coruña
.jpg?width=640)
Non confundir coa Illa de Santo Antón no municipio de Redondela. A illa de Santo Antón (A Illa do Santo) ou illa da Pena Grande é unha illa galega da Coruña, situada xusto no porto da cidade vella. Trátase dunha das estampas máis coñecidas da cidade herculina. A pesar do seu reducido tamaño (1,1 hectáreas), está enteiramente fortificada e unida por unha ponte, construída na década de 1940, á cidade. == Historia == A finais da idade media existía xa na illa unha pequena ermida dedicada a santo Antón na que se recollían e atendían os navegantes enfermos. Posteriormente converteuse (como outras illas galegas) en lazareto. Coa concesión, por parte de Carlos I, da Casa de Contratación de Especias, o porto da Coruña converteuse nun obxectivo para os inimigos da Coroa, polo que o Rei ordenou unha serie de medidas para reforzar as defensas da cidade, entre elas a construción dunha fortaleza na illa, o castelo de Santo Antón, construción que comezou no ano 1587. En 1590, durante o ataque de Francis Drake, as novas baterías do castelo mostráronse moi efectivas na defensa da cidade polo que Filipe II ordenou ao seu arquitecto que continuase e finalizase as obras do castelo. A fortaleza foi dada por terminada no ano 1590, coa construción dos aloxamentos para a tropa, o alxibe e a torre. Tras un ataque francés no século XV, o marqués de Valparaíso propuxo a Filipe IV a reforma da fortificación, que concluíu no século XVIII, cando se construíu a casa do Gobernador coa súa capela neoclásica no eixo da composición do edificio. Desde comezos do século XVIII e ata o ano 1960, en que o Ministerio do Exército o cedeu ao Concello, perdeu o seu carácter militar e converteuse en prisión. Entre os seus reclusos cabe destacar a Alessandro Malaspina, Melchor Macanaz, o xeneral Villarroel e o mariscal de campo Porlier. Logo da súa cesión ao Concello, no ano 1964 iniciáronse as obras, dirixidas por Pons Sorolla, para convertelo en museo, e que se terminaron no ano 1968. Hoxe en día mantén o seu status como Museo Arqueolóxico Municipal. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Castelo de Santo Antón Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón === Ligazóns externas === Páxina do Museo na web de turismo do concello da Coruña Páxina do Museo no Consello Galego de Museos Arquivado 11 de marzo de 2011 en Wayback Machine. Páxina do Museo na web de Turgalicia Imaxes antigas da illa
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Hospital Abente y Lagoa 193 mHospital Abente y Lago-Aeroporto de Alvedro · Hospital Abente y Lago-Aeroporto de Alvedro · A PATIÑA II-CAMBRE-HOSPITAL ABENTE Y LAGO · Santa María de Vigo-Hospital Abente y Lago · Sada (hotel Sada Palace)-Hospital Abente y Lago · Hospital Abente y Lago-Cambre-A Patiña II
- A MAESTRANZAa 618 mPazo da Merced-Domus · Pazo da Merced - A Maestranza
- HÍPICAa 714 mPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.