Illa
Illas Estelas
Panxón · Nigrán · Pontevedra · 2004
Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez (lmbuga) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Non confundir coa Ilhas Estelas, do arquipélago portugués das Berlengas. As Illas Estelas, ou As Estelas, son un arquipélago pontevedrés situado fronte á península de Monteferro, Panxón, en Nigrán. O arquipélago é pequeno pero ten uns fondos mariños ben conservados e é un punto de parada de aves con interese de conservación polo que foi declarado como zona especial de conservación (ZEC).
Xeografía e xeoloxía
O arquipélago está formado por dúas illas principais: a Estela de Dentro, de 29 metros de altitude e 9,6 hectáreas, e a Estela de Fóra con 20 metros de altitude e 7 hectáreas. Hai ademais un grupo de illotes chamados As Serralleiras, outros illotes menores e varios penedos. As dúas illas maiores son de aparencia achanzada
Fauna e flora
Flora
As illas están rodeadas de arrecife. As illas son de rochedos con cubertas de breixos do litoral. Teñen algúns arbustos e árbores baixas de bosques mixtos.
Fauna
Nelas están presentes aves de interese como Sterna sandvicensis, Sterna hirundo, Chlidonias niger, e aves migratorias como Phalacrocorax carbo, Phalacrocorax carbo sinensis, a gaivota patiamarela Larus cachinnans. Arredor delas hai un banco marisqueiro.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Arquipélago · Espazo natural protexido
Extensión 729 m²
Altitude do punto ≈ 9 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Baiona, a 3,2 km
No concello viven 18.156 (2025) · IGE